Patri Carballo

futbolista galega

Patricia Carballo Penas, nada na Coruña o 16 de febreiro de 1996, é unha futbolista galega, coñecida como Patri Carballo. Xoga como dianteira no Club Deportivo TACON da primeira división de España.

Patri Carballo
Información persoal
Nome Patricia Carballo Penas
Nacemento 16 de febreiro de 1996 (28 anos)
Lugar de nacemento A Coruña
Posición Dianteira
Información de club
Club actual Club Deportivo TACON
Selección nacional
Anos Equipo Aprs (Gls)
?- Galicia ? (?)
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi corredora de velocidade antes da súa consolidación como futbolista e chegou a ter varias marcas no seu poder, ademais dun campionato xuvenil nos 200 metros lisos cunha marca de 25,09 segundos, e un subcampionato de España absoluto na mesma modalidade cunha marca de 24,36 segundos, récord de Galicia.

É licenciada en Fisioterapia pola Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid.

Clubs editar

Club País Ano
Orzán SD   España 2010-15
Atlético de Madrid Féminas "B"   España 2015-17
Club Deportivo TACON   España 2017-Act.

Notas editar