Patraix
Patraix é o distrito 8 e tamén un barrio da cidade de Valencia, que inclúe, ademais de Patraix, aos barrios de Sant Isidre, Vara de Quart, Safranar e Favara. Foi unha vila independente até o ano 1870, ano no que se anexionou a Valencia a petición propia do Concello de Patraix.
A poboación censada no 2009 era de 58.947 habitantes segundo o concello de Valencia.[1]
Localización e distribución
editarLimita cara ao norte co distrito de L'Olivereta, ao sur cos distritos de Jesús e Pobles del Sud, ao leste con Extramurs e ao oeste co municipio de Xirivella.
O distrito de Patraix tiña 58.401 habitantes en 2007, divididos entre cinco barrios:
- Patraix (25.429)
- Sant Isidre (10.002)
- Vara de Quart (10.916)
- Safranar (8.641)
- Favara (3.413)
Notas
editar- ↑ "Districte 08. Patraix" (PDF). Oficina de Estadística: Ayuntamiento de Valencia (en valenciano e español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patraix |