Paterson, Nova Jersey
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2020.) |
Paterson é unha cidade do estado de Nova Jersey, nos Estados Unidos de América. É a sede e cidade máis poboada do condado de Passaic, con 146.199 habitantes segundo o censo do 2010. Paterson é coñecida como Silk City ("A cidade da seda") pola súa posición dominante na produción de seda a finais do século XIX.
Paterson | ||
---|---|---|
Vista aérea do centro de Paterson. | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Estado | Nova Jersey | |
Xeografía | ||
Altitude | 34 m msnm | |
Superficie | 22.544 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 146.199(2010) | |
Outros datos | ||
Fundación | 22 de novembro de 1791 | |
www.patersonnj.gov |
HistoriaEditar
Durante a Segunda guerra mundial a economía revitalizouse grazas á fabricación de motores de avións, pero unha vez rematada a guerra, a crise que afectou a todo o país pasou tamén factura á cidade. Nos anos 70 o problema do desemprego era crítico, situación que non mellorou moito hoxe en día.
XeografíaEditar
Paterson atópase ao sur do condado de Passaic, dentro da área metropolitana de Nova York. Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos a área total da cidade é de 22,6 km², dos cales 21,9 km² son de terra e o resto, 0,8 km², é auga.
DemografíaEditar
Segundo o censo do ano 2010, había 146.199 habitantes, 44.329 fogares e 33.353 familias residindo na cidade. Cunha densidade de poboación de 6.826,4/km², Paterson é a terceira cidade máis densa dos Estados Unidos entre as maiores de 100.000 habitantes, só por detrás de Nova York e San Francisco.
Grupos étnicosEditar
O 34,68% dos habitantes son brancos, o 31,68% afroamericanos, o 3,24% asiáticos, o 1,06% nativos americanos e o resto doutras etnias. O porcentaxe de hispanos é do 57,63%, a maior parte procedentes do Perú, Colombia, República Dominicana e Porto Rico.
Paterson na cultura popularEditar
O filme de 2016 Paterson, dirixido por Jim Jarmusch, foi filmado na cidade. Conta a historia dun condutor de bus chamado Paterson que escribe poesía no seu tempo libre.