Patch the Sky
Patch the Sky é o décimo segundo álbum en solitario do músico estadounidense Bob Mould, antigo membro de Hüsker Dü e Sugar, publicado o 25 de marzo de 2016 a través do selo Merge Records.
Patch the Sky | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Bob Mould | ||||
Publicado | 25 de marzo de 2016 | |||
Duración | 44:55 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Merge Records | |||
Produtor | Bob Mould | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Antecedentes
editarPatch the Sky é descrito por Mould como o terceiro álbum dunha triloxía, sendo os outros dous o Silver Age de 2012 e o Beauty & Ruin de 2014. Esta triloxía inciciouse coa fichaxe de Mould por Merge Records e co recrutamento do baixista Jason Narducy e o batería Jon Wurster para a súa banda de gravación e xira.
Bob Mould considerou inicialmente facer un álbum principalmente acústico, semellante á súa estrea de 1989 Workbook. A canción "Hold On" data desa época, e foi escrita como unha canción acústica máis lenta en 2013.[1]
A nai de Mould morreu tras o lanzamento de Beauty & Ruin, e isto, xunto con outras circunstancias na vida do músico, fixo que o ton do álbum fose máis escuro.[1]
Listaxe de cancións
editarTódolos temas escritos e compostos por Bob Mould.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Voices in My Head" | 3:54 | |||||||
2. | "The End of Things" | 3:37 | |||||||
3. | "Hold On" | 2:55 | |||||||
4. | "You Say You" | 2:59 | |||||||
5. | "Losing Sleep" | 3:25 | |||||||
6. | "Pray for Rain" | 3:20 | |||||||
7. | "Lucifer and God" | 3:45 | |||||||
8. | "Daddy's Favorite" | 3:19 | |||||||
9. | "Hands Are Tied" | 1:44 | |||||||
10. | "Black Confetti" | 4:15 | |||||||
11. | "Losing Time" | 2:11 | |||||||
12. | "Monument" | 5:31 | |||||||
44:55 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Catching The Rain". Stereogum. 2016-01-11. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2020. Consultado o 2020-10-16.