Escada para peixes
(Redirección desde «Paso para peixes»)
Unha escada para peixes, escaleira de peixes, escala de peixes ou paso para peixes é un tipo de sistema de transferencia para peixes ante a existencia de obstáculos a distintas alturas, como presas. É unha canle con rugosidade artificialmente aumentada e altura progresiva que comunica o nivel do encoro augas arriba da presa co nivel do río augas abaixo da mesma.
Hai múltiples tipos de escaleiras, pero a construción debe permitir atravesar a presa aos peixes, de diferentes especies, que migran no río que foi cortado por ela. Ten unha función de carácter eminentemente ecolóxico.
Galería multimedia
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escada para peixes |
Ligazóns externas
editar- As escadas para peixes nos encoros dos ríos galegos - Artigo en rios-galegos.com con exemplos de boas e malas prácticas na súa construción.
- Así regresa o salmón aos ríos galegos - Artigo de GCiencia publicado o 16/01/2018