Pascual Zaera Rojo

mestre e político galego

Pascual Zaera Rojo, nado o 9 de xuño de 1901[1] e finado en Ferrol o 3 de marzo de 1956,[2] foi un mestre e político galego.

Pascual Zaera Rojo
Nacemento9 de xuño de 1901
Lugar de nacementoprovincia da Coruña
Falecemento3 de marzo de 1956
Lugar de falecementoFerrol
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Normal de Santiago de Compostela
Ocupaciónmestre e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo de Pascual Zaera Taboada. Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela. Foi mestre de Carantoña. En 1931 presidía a Sociedad Agraria Republicana de Castro, Leiro y Carantoña e foi membro do comité organizador do Partido Agrario Radical Gallego. No franquismo afiliouse a FET y de las JONS e foi xefe local do Movimiento de Miño. Foi cesado como xefe local en xaneiro de 1942.[3] É autor da obra teatral La estrella de Perico.[4]. Morreu en Ferrol con 54 anos.

Notas Editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 18. 
  2. La Noche, 7-3-1956, p. 7.
  3. La Voz de Galicia, 16-1-1942
  4. La Noche, 20-4-1955, p. 5.