Abrir o menú principal

O Partido Socialista Unificado (Parti Socialiste Unifié, PSU) foi un partido socialista francés que apareceu en 1960 en oposición á guerra de Alxeria e ao apoio do SFIO a De Gaulle cando se uniron o Partido Socialista Autónomo, escisión do SFIO, da Unión da Esquerda Socialista e dun grupo de disidente do PCF agrupados en torno á revista Tribune du communisme. Contaba con 30.000 militantes. Nas eleccións presidencias de 1965 apoiou a candidatura de François Mitterrand. O PSU apoiou a rebelión estudantil de 1968. En 1969 presentou a Michel Rocard como candidato á presidencia, coseguíu o 3.61% dos votos. En 1973 unha fracción dirixida polo secretario xeral parisino integrouse na LCR e en 1974 Rocard ingresou no PSF, unha outra fracción uniuse ao Partido Comunista Marxista-Leninista de Francia. Nas eleccións presidencias de 1981 o seu candidato, Hugette Bouchardeau tivo o 1.11% dos votos. O PSU disolveuse en novembro de 1989.