Partido Socialista Popular (Chile)

O Partido Socialista Popular (PSP) foi un partido político chileno de esquerdas que existiu entre 1948 e 1957. Foi o resultado da división do Partido Socialista de Chile en 1948 pola votación e promulgación da Lei N° 8.987 de Defensa da Democracia na cal o PS se dividiu entre procomunista e anticomunistas.

A facción anticomunista (na cal estaban Bernardo Ibáñez, Óscar Schnake e Juan Bautista Rosseti) apoiaba a lei e a procomunista (encabezada por Raúl Ampuero e Eugenio González) rexeitábaa. O grupo anticomunista é expulsado pero logra que o Rexistro Electoral lles asigne o nome de Partido Socialista de Chile. Polo tanto, a facción dirixida por Ampuero adopta o nome de Partido Socialista Popular.

Apoian a candidatura presidencial en 1952 de Carlos Ibáñez del Campo. O argumento usado para apoiar a Ibáñez era que constituía un candidato con arrastre popular e que era necesario darlle desde dentro unha orientación verdadeiramente progresista. Ao asumir o novo goberno en novembro de 1952, o PSP obtén o Ministerio de Traballo, con Clodomiro Almeyda ao mando. Desde aí apóiase a fundación da Central Única de Traballadores en febreiro de 1953. En abril de 1953 Ibáñez reorganiza o seu gabinete ocupando o PSP os ministerios de Facenda (Felipe Herrera), Traballo (Enrique Monti) e Minería (Almeyda). A participación do PSP no goberno remata en outubro de 1953.

En 1956, xunto con outros partidos, forma a Fronte de Acción Popular (FRAP), a cal permite un achegamento co PS e leva ao Congreso da Unidade de 1957, que reunifica as dúas faccións importantes do socialismo chileno no Partido Socialista de Chile.

Resultados electorais editar

Ano elección (total deputados) Número de deputados Votos deputados Porcentaxe votos
1949 (147) 6 23.248 4,9
1953 (147) 20 68.218 8,8
1957 (147) 5 55.004 6,3

Fonte Cruz-Coke 1984

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Cruz-Coke, Ricardo. 1984. Historia electoral de Chile. 1925-1973. Editorial Jurídica de Chile. Santiago
  • Fernández Abara, Joaquín. 2007. El Ibañismo (1937-1952). Un Caso de Populismo en la Política Chilena. Instituto de Historia. Pontificia Universidad Católica de Chile. Santiago.
  • Fernández Abara, Joaquín . 2009. “Nacionalistas, antiliberales y reformistas. Las identidades de la militancia ibañista y su trayectoria hacia el populismo (1937-1952)”, en Ulianova, Olga (Editora): Redes políticas y militancias. La historia política está de vuelta. IDEA-USACH/ Ariadna Editores.Santiago.
  • Fuentes, Jordi y Lia Cortes. 1967. Diccionario político de Chile. Editorial Orbe. Santiago.
  • Jobet, Julio César. 1971. El Partido Socialista de Chile Ediciones Prensa Latinoamericana. Santiago.