Partido Regionalista Extremeño

O Partido Regionalista Extremeño (PREx) é un partido político rexionalista de Estremadura (España), fundado e dirixido por Estanislao Martín Martín. É un dos compoñentes da federación de partidos Coalición Extremeña. O Partido Regionalista Extremeño foi inscrito no rexistro de partidos políticos do Ministerio de Interior en xaneiro de 1990.

Partido Regionalista Extremeño
Tipopartido político
Data de fundación1990
Data de disolución1996
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Nas eleccións autonómicas do ano seguinte obtivo 8.643 votos (1,50%), que non lle permitiron obter representación. Nas eleccións á Asemblea de Estremadura de 1995 uníronse a Convergencia Regionalista de Extremadura (CREx) e Extremadura Unida para formar unha coalición electoral, Coalición Extremeña, que obtivo o 3,86% e un escano. Extremadura Unida abandonou posteriormente a coalición, mais PREx e CREx mantiveron a súa alianza. En 2003, Coalición Extremeña pasou a definirse como unha federación de partidos, unificándose nunha única estrutura os dous partidos que a componen.[1]

  1. "Estanislao Martín es elegido coordinador general de la nueva Coalición Extremeña". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2009. Consultado o 22 de febreiro de 2012.