Partido Nacionalista Canario

O Partido Nacionalista Canario (PNC) é un partido nacionalista, que, nos inicios, aspiraba a que Canarias fose un estado libre e soberano, mais posteriormente evolucionou para posturas que defenden a súa integración nun estado libre asociado, reclamando mentres máis competencias dentro do marco autonómico.

Partido Nacionalista Canario
Dirixentes e organización
LíderJuan Manuel García Ramos
Historia
Fundación30 de xaneiro de 1924, refundado en 1982
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo canario (ata a década dos 2000)
Outros datos
SedeSanta Cruz de Tenerife
Na rede
http://www.pnc-canarias.eu/

Antecedentes

editar
 
A denominada "Bandera del Ateneo", primeira bandeira nacionalista

O primeiro PNC foi fundado, curiosamente, na Habana, o 30 de xaneiro de 1924, sendo o seu primeiro presidente José G. Cabrera Díaz, tipógrafo que exercera como líder sindical dos traballadores canarios na illa caribeña: o 5 de agosto de 1900 fundara a Asociación Obrera Canaria. Mais nos anos 20 José Cabrera Díaz abandonou os postulados obreiristas, para pasar a defender os intereses da burguesía. Con todo o PNC da Habana, era un partido bastante afastado dos principios políticos de liberación nacional e social, mostrándose con frecuencia achegado ao anarquismo.

O órgano de difusión de ideas do PNC era o xornal El Guanche. Adoptou como estandarte canario, a coñecida como Bandera del Ateneo, de fondo azul e sete estrelas brancas colocadas na disposición que ocupan as illas Canarias xeograficamente.

Este primeiro PNC durou poucos anos. Posteriormente creouse un novo PNC, que recuperaría algúns dos seus principios.

O PNC actual

editar

En 1982 foi convocado o Congreso Constituínte do actual Partido Nacionalista Canario, recuperando o nome da organización que existira nos anos 1920, así como algúns dos seus símbolos. O actual presidente do partido é Juan Manuel García Ramos.

No ano 1993, xunto a outras formacións políticas, formou parte de Coalición Canaria, que abandonou algúns anos despois. Logo de pasar por escisións, volveu a se integrar na devandita coalición en 2006 e 2011.[1]

  1. "El PNC renueva su alianza con Coalición Canaria". canariasahora.es (en castelán). Archived from the original on 08 de xullo de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar