Partido Nacional de los Trabajadores

O Partido Nacional de los Trabajadores (PNT) é un partido español de extrema dereita fundado en 1993 e dirixido por Miguel Murcia. A política do PNT baséase no endurecemento das penas para os delincuentes, na pena de morte para os terroristas, na oposición a recibir máis inmigración, na defensa da unidade de España, na oposición aos matrimonios homosexuais e na oposición ao capital.

Partido Nacional de los Trabajadores
Tipopartido político
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

No ano 2000 participou na Plataforma España 2000. O PNT presentouse ás eleccións xerais de 2004 na rexión de Murcia e tivo 379 votos (0.05%).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar