Partido Libertario

O Partido Libertario (P-Lib), é un partido libertario de España.

Partido Libertario
AcrónimoP-LIB
Tipopartido político
Ideoloxíalibertarianismo, anarcocapitalismo, Laissez-faire e Republicanismo
Data de fundación2 de xullo de 2009
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
https://p-lib.es
Facebook: partidolibertad Twitter: partidolibertad Instagram: plibertario Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Constituíse como Partido de la Libertad Individual o 2 de xullo de 2009 e inscribiuse como partido político o 10 de agosto daquel mesmo ano. No seu primeiro congreso, o P-Lib escolleu a Juan Pina como o seu presidente e o lugués Francisco Cacharro Gosende como o seu secretario xeral[1]. A súa primeira convocatoria electoral foron as eleccións xerais de 2011, onde presentou candidatura nas circunscricións de Zaragoza e Madrid. En 2014 adoptou o seu actual nome.

Ideoloxía editar

A formación defínese como libertaria, mais segue unha postura liberal no económico, aliñada coa Escola Austríaca de Economía de Friedrich Hayek e Ludwig von Mises. Avoga por unha drástica redución das competencias das administracións públicas e o seu traslado á sociedade civil, e por unha devolución ao cidadán do poder para tomar as súas propias decisións coa mínima intervención do Estado.[2] Ten posturas tamén liberais no social: legalización das drogas, separación total entre relixión e Estado, respecto total cara á vida privada dos individuos etc. Aposta por un estado federal e critica por igual o nacionalismo español e os nacionalismos galego, catalán ou vasco[3].

Notas editar

  1. Acta del I Congreso del Partido de la Libertad Individual (P-Lib) Arquivado 17 de abril de 2016 en Wayback Machine., web do P-Lib.
  2. "Ideas políticas do P-Lib". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 18 de outubro de 2011. 
  3. Diferencias entre el P-Lib y los otros partidos Arquivado 28 de outubro de 2011 en Wayback Machine., web do partido.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar