Partido Demócrata Gallego
O Partido Demócrata Gallego (PDG) foi un partido galego que se fundou en 1975 da man de Ramón Pais Ferrín e José María García Marcos. Pretendía ser o homónimo do partido de corte liberal que Joaquín Garrigues Walker pretendía crear para todo o estado. Pero o antiautonomismo dos seus dirixentes e a negativa a un período constituínte en España fixo que o partido quedase vencellado aos sectores máis conservadores, conseguindo só 3.196 votos nas eleccións xerais de 1977. O PDG desapareceu en 1978 ao se integrar na UCD.
Bibliografía
editar- Bernardo Máiz, Galicia na II República e baixo o franquismo, Vigo, 1988, páx. 158