Partido Comunista de Finlandia
O Partido Comunista de Finlandia (finés: Suomen Kommunistinen Puolue, sueco: Finlands kommunistiska parti, abreviado como SKP) foi un partido comunista de Finlandia. O SKP foi unha sección da Terceira Internacional e foi ilegal en Finlandia ata 1944.
Partido Comunista de Finlandia | |
---|---|
![]() | |
Instancia de | partido político ![]() |
Ideoloxía política | marxismo-leninismo ![]() |
Historia | Q11894853 ![]() ![]() |
Persoas e organizacións | |
Membro de
| |
Data | |
Fundación | 29 de agosto de 1918 ![]() |
Disolución | 1992 ![]() |
Cronoloxía | |
Sucedido por | Aliança de Esquerda (pt) ![]() ![]() |
Localización | |
País | Finlandia ![]() |
[ Wikidata ] |
O SKP non participou en ningunhas eleccións baixo o seu propio nome. No seu lugar usou a outras organizacións para facelo. Nos anos 20 os comunistas participaron no Partido Socialista dos Traballadores de Finlandia (1920-1923) e na Organización Electoral Socialista dos Traballadores e os pequenos propietarios (1924-1930). Ámbolos dous foron prohibidos polo estado. En 1944, creouse un novo partido fachada, a Liga Democrática do Pobo Finés. O SKP controlou eses partidos, pero sempre tivo unha minoría importante dos socialistas non comunistas.