Parque natural das Dunas de Liencres

Dunas de Liencres
Imaxe do Parque Natural
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 1986
Superficie: 195 hectáreas
Lexislación: Decreto 101/1986
Datos de interese
País: España España
Provincias: Cantabria
Concellos: Piélagos
Ríos: río Pas
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Parque Natural das Dunas de Liencres atópase en Cantabria, sendo un dos maiores campos de dunas do litoral cantábrico.

Características editar

O lugar ten unha importancia excepcional como lugar de estudo das dinámicas eólicas e pola presenza numerosa de restos fósiles da era do cuaternario. O parque natural atópase a só 10 km da cidade de Santander.

Flora editar

Nas dunas a vexetación é escasa, mais dunha importancia vital xa que mantén estable as capas superficiais do terreo. Ademais moitas das especies son raras ou cunha distribución moi escasa. Nomear a acelga mariña, a Salsola kali ou a Xakile maritima. Tamén existe unha área extensa de piñeirais.

Fauna editar

A fauna é salientábel nos pasos migratorios das aves (outono e primavera). As avocetas, carráns, pilros, os biluricos e as gabitas son especies frecuentes. Na zona de piñeirais é común a presenza do gabián.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar