Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido

O Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido (en aragonés: Parque Nacional d'Ordesa y d'as Tres Serols) está situado no Pireneo central de Huesca, comarca do Sobrarbe, Aragón (España), e está catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Actualmente ocupa unha superficie de 15.608 ha. Abrangue os concellos de Bielsa, Fanlo, Puértolas, Tella-Sin, Torla-Ordesa e Broto. Recibe unha media de máis de 600 000 visitantes cada ano.

Pireneos - Monte Perdido
Vista do Monte Perdido
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España e Francia
Localización42°40′26″N 0°02′00″L / 42.67389, -0.03333
TipoMixto
CriteriosIII, IV, V, VII, VIII
Inscrición1997 (21ª sesión, ext 1999)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador773

O parque goza de diferentes figuras de protección ademais da de Parque Nacional, xa que en 1977 foi declarado Reserva da Biosfera, en 1988 Zona de especial protección para as aves e en 1997 acadou a distinción de Patrimonio da Humanidade pola Unesco.[1] Tamén é un Lugar de importancia comunitaria.

Historia editar

É o segundo parque nacional máis antigo de España, declarado o 16 de agosto de 1918 mediante o Real Decreto 16-08-1918 baixo o nome de Valle de Ordesa.[2] O 13 de xullo de 1982, coa lei 52/1982, ampliouse o Parque e reclasificouse co nome actual.[3]

Turismo editar

Táboa de visitantes entre 1996 e 2011
1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011
624 510 601 500 603 004 624 263 635 876 657 045 622 014 619 700 582 800 592 100 616 700 617 950 616 600 617 500 614 059 621 500
Datos extraídos da web do ministerio de Medio Ambiente[4]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "El patrimonio vegetal del parque nacional de Ordesa y Monte Perdido (España), reserva MaB de la biosfera y Patrimonio Mundial de la Humanidad" (PDF). Consultado o 16 de novembro de 2015. 
  2. "Real Decreto, de 16 de agosto de 1918, de declaración del Parque Nacional Valle de Ordesa, o del río Ara." (PDF). Gaceta de Madrid. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2015. 
  3. "Ley 52/1982, de 13 de julio, de reclasificación y ampliación del parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido.". BOE. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2016. Consultado o 16 de novembro de 2015. 
  4. "Ministerio de Medio Ambiente". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar