Abrir o menú principal

Parque Rexional da Cunca Alta do Manzanares

O Parque rexional da cunca alta do Manzanares sitúase no oeste da Comunidade de Madrid.

Este parque abarca 52796 hectáreas, distribuído en doce municipios, entre os cales están Manzanares El Real, Colmenar Viejo, Moralzarzal, Soto del Real, Becerril de la Sierra, Navacerrada, El Boalo, Torrelodones, Cercedilla e Miraflores de la Sierra. Parte da súa superficie fóra declarada Sitio Natural de Interese Nacional no 1930. O parque rexional foi finalmente constituído no 1985.

A diferenza de altitude entre os 600 metros de El Goloso e os 2380 en Cabeza de Hierro fai que dentro do parque convivan zonas de alta montaña, aciñeirais, zonas húmidas e zonas arbustivas. Salientar especialmente a zona da Pedriza. A fauna é rica e diversa, porén en determinadas zonas tense apreciado unha certa deterioración ambiental, debido a afluencia masiva de visitantes e a apertura de pistas forestais.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Guía turística del canal de Isabel II. La Sierra del Agua. El Pais/Aguilar, 2005 (en castelán)