Parque Nacional do Arquipélago de Cabrera

parque nacional en España

O Parque Nacional Marítimo - Terrestre del Arquipélago de Cabrera é un conxunto de illotes españois pertencente ao arquipélago balear que foi declarado Parque Nacional Marítimo Terrestre o 29 de abril de 1991 mediante a Lei 14/1991.[1]

Castelo de Cabrera

Ten un gran valor natural, xa que, debido ao seu illamento ao longo da historia, chegou ata os nosos días practicamente inalterado: a paisaxe litoral de Cabrera pódese considerar un dos mellor conservados das costas españolas, e un dos mellores de todo o Mediterráneo. Acubilla así mesmo importantes colonias de aves mariñas e especies endémicas.

O parque é tamén é zona especial de conservación (ZEC) e, debido á súa riqueza biótica e á abundancia e variedade de aves, unha zona de especial protección para as aves (ZEPA), co cal está integrado na Rede Natura 2000.[2] Ten tamén a categoría de Zona especialmente protexida de importancia para o Mediterráneo (ZEPIM) do protocolo de áreas mariñas protexidas do Convenio de Barcelona para a protección do mar Mediterráneo.

Notas editar

  1. MITECO, Goberno de España (eds.). "Parque Nacional Marítimo - Terrestre del Archipiélago de Cabrera". Consultado o 5/9/2019. 
  2. Natura 2000 - Unión Europea (ed.). "ES0000083 Arxipèlag de Cabrera". Consultado o 5 de setembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar