Parque Nacional de Timanfaya

Timanfaya
Marco Legal
Figura de Protección: Parque nacional
Ano de constitución: 9 de agosto de 1974
Superficie: 5.107 ha
Lexislación: Decreto 09-08-19174
Datos de interese
País: España España
Provincias: As Palmas
Concellos: Yaiza e Tinajo
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Parque Nacional de Timanfaya atópase nos municipios de Yaiza e Tinajo da illa de Lanzarote, nas Illas Canarias.

Foi declarado Parque Nacional o 9 de agosto de 1974. Ocupa unha extensión de 51,07 km² do suroeste da illa. Trátase dun parque de orixe volcánico. As últimas erupcións producíronse no século XVIII, entre os anos 1730 e 1736. Conta con máis de 25 volcáns, sendo algúns emblemáticos, tales como as Montañas del Fuego, Montaña Rajada ou a Caldera del Corazoncillo. Aínda presenta actividade volcánica, existindo puntos de calor na superficie que alcanzan os 100-120 °C e 600 °C a 13 metros de profundidade.

Este hábitat volcánico atópase nas primeiras etapas da sucesión ecolóxica (en total atópanse unhas 180 especies vexetais), polo que é un lugar excelente para o estudo dos procesos de colonización e sucesión.

En 1993, Unesco outorgoulle a cualificación de Reserva da Biosfera a toda a illa. Tamén é Zona de especial protección para as aves (1994).

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar