Parque Nacional Natural Serra de Chiribiquete
Coordenadas: 0°31′31″N 72°47′50″O / 0.52528, -72.79722
Parque Nacional Natural Serra de Chiribiquete | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque nacional | ||
Ano de constitución: | 1989 | ||
Superficie: | 43.000 km2 | ||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | ![]() | ||
Provincias: | Guaviare | ||
Concellos: | |||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
O Parque Nacional Natural Serra de Chiribiquete é o parque nacional máis grande de Colombia e o parque nacional de selva tropical máis grande do mundo. Foi estabelecido o 21 de setembro de 1989 e foi expandido dúas veces, a primeira en agosto de 2013 e a segunda en xullo de 2018.[1][2][3][4] O parque abrangue unha área de 43.000 km2 e inclúe as montañas da Serra de Chiribiquete e as terras baixas dos arredores, que están cubertas de selva tropical chuviosa, sabanas e ríos.[1][4]
Serra de Chiribiquete | |
---|---|
![]() Cumio da serra. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 0°55′N 72°47′O / 0.917, -72.783 |
Tipo | Mixto |
Criterios | (iii), (ix), (x) |
Inscrición | 2018 (sesión XLII) |
Rexión da UNESCO | América |
Identificador | 1174 |
HistoriaEditar
O Parque Nacional Natural Serra de Chiribiquete foi estabelecido o 21 de setembro de 1989. Foi expandido dende os 13.000 km2 iniciais ata os 28.000 km2 o 21 de agosto de 2013.[1][3] O presidente Juan Manuel Santos anunciou que o Parque Nacional de Chiribiquete sería expandido uns 15.000 km2 o 21 de febreiro de 2018.[5] O parque alcanzou os 43.000 km2 e foi declarado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 2 de xullo de 2018.[4][6]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Parques Nacionales Naturales de Colombia". Goberno de Colombia. Consultado o 3 de xullo de 2018.
- ↑ "Chiribiquete National Park– "The Maloca of the Jaguar"". UNESCO. Consultado o 3 de xullo de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 "Colombia makes history with huge expansion of largest national park". International Union for Conservation of Nature. 25 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Colombia's Serranía de Chiribiquete is now the world's largest tropical rainforest national park". World Wide Fund for Nature. 2 de xullo de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2018.
- ↑ Alsema, Adriaan (22 de febreiro de 2018). "Colombia's biggest national park to become 1.5 million hectares bigger". Colombia Reports. Consultado o 3 de xullo de 2018.
- ↑ "Four sites added to UNESCO's World Heritage List". UNESCO. 1 de xullo de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2018.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional Natural Serra de Chiribiquete |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en castelán)