Parapente
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |
O parapente é un deporte aéreo. O seu nome é debido ás súas orixes, "paracaídas de pendente".
Historia
editarA xente que practicaba paracaidismo, e tamén alpinismo, atopou un xeito de descenso rápido. Co tempo, a feitura dos parapentes foi mellorando de tal forma que na actualidade non só serven para descender botándose dunha montaña, senón tamén de facer auténticos voos remontando sobre o punto de engalaxe. Isto conséguese a base de aproveitar as correntes térmicas ascendentes igual que fan as aves. Na actualidade ás veces pódense facer voos de centos de quilómetros.
Equipamento necesario
editarO equipo básico necesario para iniciarse na arte de voar en parapente inclúe:
- A vela, corpo principal do parapente, pódese adquirir de acordo a tres graos: 1 a 2 (voo de iniciación) e 3 (voo de competición).
- Algunhas cadeiras posúen unha protección especial na zona das costas.
- O casco, onde,os máis caros,caracterízanse por unha protección maxilar e alta tecnoloxía na súa fabricación.
- Finalmente, é necesario contar con calquera equipo de radio (banda civil) para manter o contacto coa terra.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de parapente de Galicia.
-
Ídem.