Paradoxo de Teseo

O Paradoxo de Teseo, tamén coñecido como O barco de Teseo, é un paradoxo de substitución.

Segundo unha lenda grega:

"O barco onde volveron (desde Creta) Teseo e os mozos de Atenas tiña trinta remos, e os atenienses conservábano desde a época de Demetrio de Falero, xa que retiraban as táboas estragadas, poñendo unhas novas e máis resistentes no seu canto, de xeito que este barco se convertera nun exemplo entre os filósofos; un grupo defendía que o barco continuaba a ser o mesmo, mentres o outro aseguraba que xa non o era".

Existe ademais unha pregunta adicional: se as partes substituídas se almacenasen, e logo foran usadas para reconstruír o barco ¿cal deles - se o é algún - sería o barco orixinal de Teseo?

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar