Papa (alimento)

Alimento
(Redirección desde «Papas»)
Este artigo trata sobre un alimento, para o xefe da Igrexa Católica véxase Papa.

A papa (máis comunmente en plural: papas) é calquera substancia comestíbel branda, de consistencia pastosa ou semellante a un líquido máis ou menos espeso.[1] É moi común como alimento dos meniños, cando aínda non mastigan; ou persoas con problemas de estómago ou bucais. Igualmente o puré de patacas, por exemplo, é unha papa feita con patacas cocidas.

Porridge, papas de avea e leite.
William Hemsley (1893)
Papas cocidas con auga
Valor nutricional por 100 g
Enerxía297 kJ (71 kcal)
12 g
Azucres0.3
Fibra alimentaria1.7 g
1.5 g
2.5 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
0%
0 μg
Tiamina (B1)
7%
0.08 mg
Riboflavina (B2)
2%
0.02 mg
Niacina (B3)
2%
0.23 mg
Ácido pantoteico (B5)
4%
0.197 mg
Vitamina B6
0%
0.005 mg
Ácido fólico (B9)
2%
6 μg
Vitamina C
0%
0 mg
Vitamina E
1%
0.08 mg
Vitamina K
0%
0.3 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
1%
9 mg
Ferro
7%
0.9 mg
Magnesio
8%
27 mg
Manganeso
29%
0.6 mg
Fósforo
11%
77 mg
Potasio
1%
70 mg
Sodio
0%
4 mg
Cinc
11%
1 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga83.6

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Especificamente chámanse papas ao alimento que se obtén cocendo fariña en auga ou leite, normalmente condimentada con sal, azucre ou outros ingredientes que poderían ser touciño entrefebrado, allos e pemento[2]. Cando a fariña é de millo cocida en auga a ferver ou leite, denomínase papas de millo (sobremesa común en Galicia) e tamén polenta[3] As papas adoitan servirse quentes nunha cunca ou nun prato.

Existen moitos pratos feitos con grans cocidos en auga nos diferentes países e culturas, como a polenta ou o grits. As papas de avea e sémola son as variedades máis populares (cocendo grans de avea (normalmente moídos, esmagados, cortados ou en fariña de avea)), porén tamén se empregan outros cereais como o arroz, o trigo, o orxo e o millo, e incluso poden empregarse legumes coma o chícharo amarelo (Lathyrus aphaca). O gruel é coma unha papa, pero resulta máis unha bebida, por ser a súa consistencia moi clara e facerse con auga. Servíase nas workhouses vitorianas coma xantar normal.

Historia

editar

As papas foron unha comida tradicional en gran parte do norte de Europa e Rusia dende a antigüidade. O orxo era o gran que se adoitaba usar, aínda que podían usarse outros cereais ou legumes, segundo os costumes locais. Eran principalmente un savoury, con diversas carnes, raíces, verduras e herbas engadidas coma condimentos. As papas podían cociñarse nun pote sobre carbón ou leña, ou quecerse nun cunco de barro máis barato engadindo pedras quentes até ferver. Até que o pan con fermento e os fornos para cocelo se fixeron comúns en Europa, as papas foron o xeito típico de arranxar e comer cereais. Tamén se usaban acotío coma comida para os reclusos das prisións británicas, polo que «facer papas» (doing porridge) se converteu en sinónimo dunha condena na cadea. Na cociña española pode verse como durante o Al-Ándalus o autor Ibn Razin al-Tuyibi no seu libro de receitas inclúe un capítulo sobre o tema. Posteriormente outros autores inclúen capítulos de papas nos seus tratados culinarios, como Martino da Como (Liber de arte coquinaria).

En moitas culturas modernas, as papas tómanse coma almorzo, engadíndolles a miúdo azucre, leite ou crema, mais no almorzo tradicional escocés fanse con sal. Algúns fabricantes de cereais para almorzo venden versións listas para tomar. As papas son un dos xeitos máis sinxelos de dixerir cereais ou legumes, e úsanse tradicionalmente en moitas culturas como comida para alimentar os doentes. Tamén son habitualmente consumidas por deportistas adestrándose para os seus eventos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para papa.
  2. Dicionario de alimentación e restauración VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. "Portal das Palabras. Definición de polenta". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 22 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar