O Panzer III foi un carro de combate medio desenvolvido nos anos 30 pola Alemaña Nazi e usado extensamente durante a segunda guerra mundial. A designación oficial era Panzerkampfwagen III Sd Kfz. 141 (abreviado como PzKpfw III). Deseñouse coa intención de que combatese contra outros vehículos blindados e serviu ao lado do carro de apoio á infantaría Panzer IV. Porén, cando os alemáns enfrontáronse ao formidable T-34, precisáronse canóns anticarros máis potentes. Como o Panzer IV tiña un anel da torreta maior, o rol foi revertido. O Panzer IV montou o longo canón de 75 mm KwK 40 e participou en batallas contra outros carros. O Panzer III volveuse obsoleto no seu rol e para case todos os seus propósitos foi substituído polo Panzer IV. Dende 1942, a derradeira versión do Panzer III montou o canón de 75 mm KwK 37 L/24, máis axeitado para o apoio á infantaría. A súa fabricación rematou en 1943 tras construírse 5.774 exemplares. Porén, o chasis do carro de combate proporcionou cascos para o Sturmgeschütz III ata o final da guerra.

Panzerkampfwagen III
Tipocarro de combate medio
OrixeAlemaña
En servizo1939 - 1945
Usado porAlemaña nazi
GuerrasSegunda guerra mundial
Deseñado1935 - 1937
FabricanteDaimler-Benz
Producido1939 - 1943
Construídos5.774
Peso23 toneladas
Lonxitude5.49 metros
Anchura2.9 metros
Altura2.50 metros
editar datos en Wikidata ]