O Panzerkampfwagen 38(t) foi orixinalmente un deseño carro de combate checo de antes da segunda guerra mundial. Despois de que Checoslovaquia fose conquistada por Alemaña, foi adoptado polo exército alemán, participando nas invasións Polonia, Francia e Rusia. A súa produción rematou en 1942, cando o seu armamento demostrou ser pouco axeitado. En total fabricáronse máis de 1.400 unidades. O chasis continuou sendo producido para os cazacarros Marder III (1942-1944) e o Hetzer (1944-1945), para canóns de asalto sen torreta, canóns antitanque e canóns antiaéreos.

Panzerkampfwagen 38(t)
Tipocarro de combate medio
OrixeChecoslovaquia Checoslovaquia
En servizo1939 - 1945 (Alemaña nazi
Usado porAlemaña nazi Alemaña
Reino de Romanía Romanía
Bulgaria Bulgaria
Reino de Hungría Hungría
República Eslovaca Eslovaquia
Suecia Suecia
Suíza Suíza
Perú
Irán
GuerrasSegunda guerra mundial, guerra peruano-ecuatoriana
DeseñadoČKD
FabricanteČKD
Producido1939 - 1942
Construídos1.414 (para Alemaña)
Peso9.7 tons
Lonxitude4.54 metros
Anchura2.05 metros
Altura2.36 metros
editar datos en Wikidata ]

O (t) vén de "tschechisch", que en alemán significa checo; a designación checoslovaca era LT vz. 38. Entre as designacións de fabricación estaban TNH, TNHPS, LTP e LTH). A designación especial para o carro de combate en Alemaña foi Sd.Kfz. 140.