Pantis é un proxecto en solitario do músico do Grove Rubén Domínguez, membro de bandas como Cudevaso, JIJIJI, Metralletas Lecheras, Telephones Rouges e Chicharrón.[1]

Pantis
OrixeO Grove, Galicia Galicia
Xénero(s)pop, krautrock, electrónica
Selo(s) discográfico(s)Prenom
MembrosRubén Domínguez
Na rede
Bandcamp

Pantis publicou o seu primeiro traballo, Pranto, en febreiro de 2016. Domínguez gravou todos os instrumentos agás a batería, interpretada por Cibrán Tenreiro (Monstruo, Esposa).[1][2] En febreiro de 2018 Domínguez publicou o sinxelo "Mar",[3] que ese mesmo ano aparecía no recompilatorio Galician Bizarre III.[4]

En febreiro de 2019 editouse o sinxelo "Val", producido por Pantis e Hevi.[5] En outubro dese ano Domínguez publicou o seu segundo traballo, Baldíos, gravado entre 2017 e 2019 en varias cidades. O álbum conta novamente coa colaboración de Cibrán Tenreiro e de Mar Catarina.[6]

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Pranto 2016 Prenom
Baldíos 2019 Prenom

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Pantis". La Fonoteca. Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  2. "Pranto by Pantis". Bandcamp. Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  3. "Mar by Pantis". Bandcamp. Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  4. "Galician Bizarre III by VV.AA". Bandcamp. Consultado o 29 de outubro de 2018. 
  5. "Val, by Pantis". Pantis. Consultado o 2021-01-27. 
  6. "Baldíos, by Pantis". Pantis. Consultado o 2021-01-27. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar