León asiático
O león asiátio (Panthera leo persica) é unha subespecie de león que só se atopa en estado salvaxe na Foresta de Gir do Guxarat, na India[2][3], a única que se pode atopar nese estado fóra de África. No ano 2010, as autoridades de Guxarat censaron en 411 o número de exemplares; un aumento de 52 sobre o último censo de 2005[4]. A distribución histórica ía do Mediterráneo ao nordeste do subcontinente indio, mais a caza excesiva, a contaminación da auga e o declive da súa caza natural reduciron o seu hábitat[5], estando a piques de se extinguir a comezos do século XX. Clasificábase en tres clases: leóns bengalís, árabes e persas[6]. Os leóns asiáticos son máis pequenos e claros ca os africanos pero igual de feros.
León asiático | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||
Panthera leo persica Meyer, 1826 | |||||||||||||||||
Distribución actual en estado salvaxe
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Leo leo goojratensis (India) |
Notas
editar- ↑ Cat Specialist Group (2008). "Panthera leo persica". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2007. Consultado o 10 May 2010.
- ↑ Tom Brakefield, Alan Shoemaker. Big cats. Consultado o 2010-12-14.
- ↑ Sharad Singh Negi. Biodiversity and its conservation in India. Consultado o 2010-12-14.
- ↑ "411 lions in Gir forests, population up by 52". Deccanherald.com. Consultado o 2010-12-14.
- ↑ Budh Dev Sharma, Tej Kumari. Indian wildlife. Consultado o 2010-12-14.
- ↑ Charles Knight (ed.). The English Cyclopaedia. Consultado o 2010-12-14.