Pankus foi un tribunal da nobreza hitita establecido polo rei Telibinus para regular todas as cuestións en materia sucesoria, e ao que estaba sometido incluso o mesmo rei.

A familia hitita reúne no palacio persoas próximas ao rei, con funcións administrativas e militares. Xunto aos guerreiros ao seu mando, estas persoas conforman a asemblea do pankus, onde se representa a comunidade hitita[1].

NotasEditar

  1. Vernant, J. P. (1992). Los orígenes del pensamiento griego. Paidós. pp. 37–38. ISBN 84-7509-743-X. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar