Palacio Umaid Bhawan

O Palacio Umaid Bhawan, situado en Jodhpur, Rajasthan, India, é unha das residencias privadas máis grandes do mundo. Chamado en honra ao maharajá Umaid Singh, avó do dono actual do palacio, este monumento ten 347 habitacións e é a residencia principal da antiga familia real de Jodhpur. Parte do palacio é administrado por Taj Hotels.

Palacio Umaid Bhawan
Palacio Umaid Bhawan
Coordenadas26°16′51″N 73°02′49″L / 26.28083333, 73.04694444Coordenadas: 26°16′51″N 73°02′49″L / 26.28083333, 73.04694444
editar datos en Wikidata ]

O pazo denominouse Palacio Chittar durante a súa construción debido ao uso de pedras denominadas "chittar" no edificio. O maharajá Umaid Singh puxo a primeira pedra dos cimentos do edificio o 18 de novembro de 1929 e a construción finalizouse en 1943.[1] A construción do palacio deu emprego a miles de persoas durante unha época de fame negra.

Estado actual editar

O dono actual do palacio é o maharajá de Jodhpur, Gaj Singh. O palacio está dividido en tres partes: o luxoso Taj Palace Hotel (que existe desde 1972), a residencia da antiga familia real, e un museo sobre a historia do século XX da familia real de Jodhpur. O horario de apertura do museo é de 9:00 a 17:00. Tamén hai unha galería na que se exhiben os automóbiles máis exóticos que pertencen á familia real.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar