Paio (nome)

nome masculino

Paio[1][2] é un nome propio masculino galego. Paio foi un nome común en Galiza como o demostra a abundante toponimia asociada ao nome (Paio, O Paio), especialmente a San Paio (ou Sampaio), mártir galego nado en Crecente no século X. En total existen no país, corenta parroquias baixo a advocación do santo (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paio). Ademais existen moitos lugares co nome do Santo, e diversas igrexas e conventos, onde salienta o Convento de San Paio de Antealtares en Santiago de Compostela.

O papa Paio I.

En xaneiro de 2023 existían 11 varóns en Galicia co nome Paio, cunha media de idade de 20,3 anos.[3]

Etimoloxía

editar

Chega ao galego proveniente do latín: Pelagius, e á súa vez do grego: Πελάγιος. O seu significado é "Aquel que ten vontade de escoller".[4] O nome Paio é froito da síncope do nome latino. O nome Paio deu orixe aos apelidos galegos: Páez, Pais e Paz.[2] Nos documentos galegos medievais aparecen as variantes arcaicas: Pai, Payo, Pae, Paay ou Pay.

Onomástica

editar

Variantes noutras linguas

editar

Personaxes

editar

Galegos

editar

Outros

editar
  1. "Ímoslle chamar..." (PDF). Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Paio". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>. 
  3. Paio na web do Instituto Galego de Estatística.
  4. Significado do nome Paio
  5. Nome en portugués no Portal da Lingua Portuguesa

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar