Abrir o menú principal

Painting With é o décimo álbum da banda de pop experimental Animal Collective, publicado o 19 de febreiro de 2016 a través do selo Domino. O disco é unha continuación de Centipede Hz (2012), e conta con contribucións de John Cale e Colin Stetson.[1] Chegou ao número 46 na lista Billboard 200. Publicáronse tres sinxelos deste disco: "FloriDada" (2015), "Lying in the Grass" e "Golden Gal" (ámbolos dous en 2016). No ano seguinte tamén se publicou un EP de acompañamento, The Painters.

Painting With
Álbum de Animal Collective
Publicado19 de febreiro de 2016
Gravación2015
Estudio(s)EastWest Studios, Hollywood
Duración41:02
Xénero(s)pop psicodélico
Selo(s)Domino
Cronoloxía
Live at 9:30 Painting With The Painters

Para Painting With a formación da banda consistía en Avey Tare (David Portner), Panda Bear (Noah Lennox) e Geologist (Brian Weitz), o mesmo trío que participou en Merriweather Post Pavilion (2009).[2] Deakin (Josh Dibb), que volvera á banda en novembro de 2010 para Centipede Hz e xirou con ela entre 2011 e 2013 non aparece neste traballo.

Listaxe de canciónsEditar

N.º Título Duración
1. "FloriDada"   4:05
2. "Hocus Pocus"   3:16
3. "Vertical"   4:14
4. "Lying in the Grass"   3:34
5. "The Burglars"   2:43
6. "Natural Selection"   2:41
7. "Bagels in Kiev"   2:48
8. "On Delay"   3:48
9. "Spilling Guts"   1:58
10. "Summing the Wretch"   3:08
11. "Golden Gal"   4:41
12. "Recycling"   4:06
41:02

NotasEditar

  1. Pitchfork (ed.). "Animal Collective Announce New Album Painting With, Share "FloriDada"". Consultado o 4 de xaneiro de 2018. 
  2. Rolling Stone (ed.). "Animal Collective Talk Escaping Reverb on 'Minimal' 10th Album 'Painting With'". Consultado o 4 de xaneiro de 2018.