Abrir o menú principal

O Pacto de Estella ou Lizarrako Akordioa en éuscaro, tamén chamado Acordos de Estella, Acordos de Lizarra e posteriormente Acordos de Lizarra-Garazi, foi un acordo político subscrito o 12 de setembro de 1998 na localidade de Estella-Lizarra (Navarra), na Casa de Frai Diego, durante a terceira reunión do Foro de Irlanda, promovido pola coalición nacionalista vasca Herri Batasuna. Este pacto foi asinado polos partidos políticos vascos de carácter nacionalista e Ezker Batua - Berdeak e o Partido Carlista de Euskal Herría, así como distintos sindicatos e asociacións, para tentar dar solución ó chamado "conflito vasco", depositando a soberanía do País Vasco nos propios cidadáns deste territorio.

ContidoEditar

Algúns dos seus puntos fundamentais son:

  • Estuda os factores propiciadores do Acordo de Paz en Irlanda do Norte.
  • Non lles esixe condicións previas ós negociadores.
  • Esixe condicións de ausencia de violencia.
  • É un proceso aberto.

FirmantesEditar

ConsecuenciasEditar

A sinatura deste pacto produciu unha tregua de ETA, ata que o 3 de decembro de 1999 os terroristas dérona por finalizada. O 21 de xaneiro do 2000 volveron a asasinar. Non houbo condena por parte de Herri Batasuna, o cal produciu a extinción da colaboración propiciada polo Acordo de Lizarra-Garazi.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar