Abrir o menú principal

O Acordo para a Normalización e Pacificación de Euskadi, máis coñecido como Pacto de Ajuria Enea por ter sido firmado no Palacio de Ajuria Enea, sede da Presidencia do Goberno Vasco, en Vitoria, foi subscrito o 12 de xaneiro de 1988 por Alianza Popular (AP), Centro Democrático e Social (CDS), Euskadiko Ezkerra (EE), Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV), Partido Socialista de Euskadi (PSE-PSOE), Eusko Alkartasuna (EA) e o Lehendakari do Goberno Vasco coa intención de traballar pola erradicación do terrorismo. Os firmantes compartían a necesidade e importancia da acción policial que contribuíra á erradicación do terrorismo, á protección dos principios que conforman a convivencia democrática e á prevención de atentados e a persecución dos seus autores.

A colaboración internacional convertíase en algo imprescindible para a erradicación da violencia e comprometíanse a velar por que a defensa do Estado de Dereito se producira sempre dentro da legalidade.

Igualmente, manifestábase o apoio aos procesos de diálogo entre os poderes competentes do Estado e aqueles que decidan abandonar a violencia, respectando en todo momento o principio democrático irrenunciable de que as cuestións políticas deben resolverse unicamente a través dos representantes lexítimos da vontade popular.

Ligazóns externasEditar