Francisco Luís Bernárdez

escritor arxentino
(Redirección desde «Paco Luis Bernárdez»)


Francisco Luís Bernárdez, nado en Buenos Aires o 5 de outubro de 1900 e finado na mesma cidade o 24 de outubro de 1978, foi un poeta e diplomático arxentino.

Infotaula de personaFrancisco Luís Bernárdez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1900 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 1978 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Ambassador of Argentina to Spain (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor , diplomático Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAurora Bernárdez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Fillo de emigrantes que procedían do Lago (Maside), sempre se declarou galego. Entre 1922 e 1925 estivo en Galicia. Viviu en Vigo, onde traballou como redactor de El Pueblo Gallego. Tamén colaborou en La Zarpa, Vida Gallega, Marineda, Alfar e Ronsel. Relacionouse con Ramón María del Valle-Inclán, os irmáns Antonio e Manuel Machado e Juan Ramón Jiménez. Leu obras de poetas modernistas que o influíron nos seus primeiros libros. Tamén viviu por un breve período en Portugal.

A renovación literaria editar

 
Retrato en Vida Gallega, 1924.

Cando volveu a Arxentina, en 1925, uniuse ao grupo de Florida, coñecido tamén como grupo Martín Fierro, formado por artistas de vangarda. Este desempeñou un papel importante na renovación literaria e estética arxentina durante as décadas de 1920 e de 1930. Bernárdez apoiou neste período o ultraísmo e, en xeral, as correntes europeas propias da época.

En 1925 trabou amizade con Jorge Luis Borges, con quen recorría os arrabaldes en longas andainas.[1] Bernárdez participou na segunda época da revista Proa en las Letras y en las Artes, animada polo grupo literario integrado por Ricardo Güiraldes, Alfredo Brandán Caraffa, Pablo Rojas Paz e o propio Borges.[2]

Letras e diplomacia editar

Bernárdez traballou no diario La Nación. Desde 1928 escribiu para a revista Criterio, na que participaron G. K. Chesterton, Baldomero Fernández Moreno, Gabriela Mistral e Jorge Luis Borges[3]. Ademais, integrou o grupo fundador do diario El Mundo.

En 1937 foi nomeado secretario público da Biblioteca Municipal «Miguel Cané», no barrio de Boedo, Buenos Aires, e fixo ingresar a Jorge Luis Borges, que traballou como auxiliar catalogador entre 1937 e 1946.[1]

Escritor con connotacións cristiás explícitas, participou, con Leopoldo Marechal e o pintor Ballester Peña, en "Convivio", un encontro de artistas cristiáns en que se debateron diferentes aspectos e problemas da arte.[4] Tamén participou na publicación homónima. Leopoldo Marechal e Francisco Luís Bernárdez eran moi amigos.

En 1944 foi nomeado director xeral de Cultura Intelectual na Subsecretaría Nacional de Cultura, mentres que Leopoldo Marechal era designado director xeral de Cultura Estética. Entre 1944 e 1950 foi director xeral de Bibliotecas Públicas Municipais. En 1945, xunto con Vicente Barbieri, Leónidas Barletta, Ricardo Molinari e Adolfo Bioy Casares, conformou o xurado que galardoou co primeiro premio de prosa da Municipalidad de Buenos Aires a obra Uno y el Universo, primeiro ensaio publicado por Ernesto Sabato.[5]

En 1945 volveu a España como agregado cultural da embaixada arxentina en Madrid. Aproveitou para contactar con Ramón Otero Pedrayo e os fundadores da Editorial Galaxia[6].

Foi ministro de Procedimientos Públicos. Catro anos despois ingresou na Academia Argentina de Letras. Despois do golpe de Estado de 1955, foi incorporado ao servizo estranxeiro como Embaixador da Arxentina en España até 1960. Nese período volveu manter contacto cos membros da Editorial Galaxia. Xubilouse como ministro plenipotenciario. Nos seus últimos anos quedou cego.

Francisco Luís Bernárdez e o galego editar

Colaborou en galego na revista Nós e foi un defensor apaixonado da lingua galega. Xesús Alonso Montero, no seu Informe dramático sobre la lengua gallega, recolleu a seguinte afirmación de Bernárdez:

Por obra de un poder político que no se cansa de invocar el valor de la cultura de Occidente, uno de los idiomas más hermosos y más antiguos del extremo meridional de Europa sufre incomprensible persecución.
 
Kindergarten, 1923, ilustrado por Cándido Fernández Mazas.

Obra literaria editar

O ton e a temática da maioría das súas obras son galegos. En Galicia publicou tres obras poéticas, conforme os principios do ultraísmo:

  • Orto (1922)
  • Bazar (1922)
  • Kindergarten (1923)

Estas obras, xunto con Alcándara (1935), conectárono ao posmodernismo. Porén, nesta última obra xa se vai diluíndo o ultraísmo e apareceron pinceladas do que sería posteriormente o seu barroquismo conceptuoso e orixinal.

Desde a publicación de El buque (1935), tratou temas espirituais co estilo clásico de Paul Claudel e Charles Péguy. Exemplo desta fase son obras como:

 
Roberto Arlt, Francisco Luís Bernárdez e Roberto Ledesma, en 1930.
  • Cielo de tierra (1937)
  • La ciudad sin Laura (1938), inspirada na súa muller
  • Poemas elementales (1942)
  • Poemas de carne y hueso (1943)
  • El ruiseñor (1945)
  • Las estrellas (1947)
  • El ángel de la guarda (1949)
  • Poemas nacionales (1950)
  • La flor (1951)
  • Tres poemas católicos (1959)
  • Poemas de cada día (1963)
  • La copa de agua (1963)

Na madurez, a súa poesía adoptou un ton lírico e romántico influído polo misticismo. Porén, conservou a súa forma particular de enfocar a beleza da vida, cun canto de serena fluencia. Bernárdez é un dos escasos poetas arxentinos que asumiu o catolicismo na súa creación.

Caracterizouse pola beleza dos seus sonetos, os seus poemas de extenso metro (creou un verso de 22 sílabas) e a súa profundidade filosófica. Poemas como La noche reflicten estes trazos.

 
Escultura de homenaxe na Insua dos Poetas.
Dulce tarea es contemplarte, noche que me has acompañado sin descanso.

Dulce tarea es contemplarte desde la tierra con los ojos desvelados.
¿Por qué razón me da tristeza la muchedumbre silenciosa de tus astros?

¿Cuál es la causa de mi angustia cuando me pierdo entre tus mundos solitarios?

Tamén se ven nas súas traducións poéticas dos himnos litúrxicos do Breviario Romano[4], ou o Florilegio del Cancioneiro de Vaticana.

En galego editar

O seu Discurso encol do idioma galego foi publicado en 1953 por Ediciones Galicia, do Centro Gallego de Buenos Aires. En galego escribiu tamén Lembranzas de Castelao, Pimentel, Cabanillas, Rosalía (1967).

Premios editar

  • Premio Municipal de Poesía de Buenos Aires por El buque (1935).
  • Premio Nacional de Poesía (Argentina, 1944) polas obras Poemas elementales (1942) e Poemas de carne y hueso (1943).[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Un siglo de Borges" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2010. Consultado o 10 de setembro de 2011. 
  2. Revista Proa. "Revista Proa: Historia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2011. Consultado o 10 de setembro de 2011. 
  3. Revista Criterio (2009). "Quiénes somos" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2011. Consultado o 10 de setembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 Derisi, Octavio Nicolás (1983). "Los cursos de cultura católica". La Universidad Católica en el recuerdo: a los veinticinco años de su fundación (PDF) (en español). Buenos Aires: Universidad Católica Argentina. pp. 20–21. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 10 de setembro de 2011. 
  5. Escribirte (2011). "Uno y el universo" (en español). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 10 de setembro de 2011. 
  6. A Insua dos Poetas rinde homenaje a Francisco Luis Bernárdez
  7. Diario Registrado (11 de marzo de 2011). "Relanzamientos de los premios nacionales" (en español). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 10 de setembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar