Pablo Nogueira Campo
mestre, músico e escritor galego
Pablo Nogueira Campo, nado no Carballiño o 22 de abril de 1987, é un mestre, músico e escritor galego.
Pablo Nogueira (no centro) no Culturgal 2019. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1987 (37 anos) O Carballiño, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor, músico |
Xénero artístico | Infantil, Western. |
Premios | |
Traxectoria
editarEstudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela, Psicopedagoxía e Mestrado en investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario. Exerce de mestre de Audición e Linguaxe no colexio de Cea.[1]
É baixista na banda rock Susie Q´s e na instrumental Acuario Sonoro. A súa faceta literaria chega coa publicación de dous títulos infantís para a estimulación da linguaxe oral en galego.
Obra
editar- Nube branca quere ser astronauta (2018). Baía Edicións.
- A banda de Raimunda ( 2019). Baía Edicións.[2]
- Banda Sonora Orixinal (2019). Edicións Fervenza. 104 páxs. Western con ambientación britpop.[3]
- Música para os días de inverno (2020). Laiovento. 118 páxs.
- Nube Branca e o pingüín Valentín (2020). Baía. 24 páxs. Ilustracións de Manuel Uhía.
- Nube Branca no Camiño (2021). Baía. 44 páxs. ISBN 978-84-9995-364-9. Ilustracións de Manuel Uhía.
- Ringo. Memorias dun coello fedello (2023). Vigo: Xerais, Merlín. Ilustracións de David Pintor. 120 páxs. ISBN 978-84-1110-383-1. ePub: ISBN 978-84-1110-394-7.
Premios
editar- 2018: IV Concurso Balbino de Relatos por Banda Sonora Orixinal.
- 2022: Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade por Ringo. Memorias dun coello fedello.[4]
- 2023: Premio Arume de poesía para a infancia por «Versos (a)variados»[5]
- 2023: Premio de Relato Curto Alumni USC por «Mar de lembranzas»[6]
Notas
editar- ↑ "Autores - Nogueira Campo, Pablo". baiaedicions.gal. Consultado o 2020-09-15.
- ↑ Región, La (2019-05-30). "Pablo Nogueira: “O libro transmite o valor do respecto á diversidade e á igualdade de xénero"". La Región. Consultado o 2020-09-15.
- ↑ "La obra". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-09-18. Consultado o 2020-09-15.
- ↑ "Pablo Nogueira: "Desde a literatura debemos dar resposta a unha sociedade cada vez máis diversa"". Nós Diario. 2022-11-17. Consultado o 2022-11-17.
- ↑ ""Versos (a)variados", de Pablo Nogueira Campo, gañador do Premio Arume". 30 de novembro de 2023. Consultado o 18 de decembro de 2023.
- ↑ "Pablo Nogueira recibe o Premio de Relato Curto Alumni USC". La Voz de Galicia. 20 de decembro de 2023. Consultado o 20 de decembro de 2023.