Pablo Hernández Luis
futbolista español
Pablo Israel Hernández Luis, nado en Santa Cruz de Tenerife o 18 de decembro de 2000, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Tenerife, da Segunda División.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 2000 (23 anos) Santa Cruz de Tenerife, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Traxectoria
editarComezou a xogar ao fútbol no Candelaria e no Juventud Laguna, antes de ingresar na canteira do Tenerife.[1] Tras tres anos no filial, na tempada 2023/24 foi subido ao primeiro equipo, co que debutou na Segunda División na oitava xornada, nunha derrota por 3-0 ante o Eibar, substituíndo nos minutos finais ao francés Yann Bodiger.[2][3]
Notas
editar- ↑ Daswani, Manoj (10 de setembro de 2022). "Pablo Hernández: aire fresco para el CD Tenerife" (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023.
- ↑ "El Eibar golea y sube de nivel". Marca (en castelán). 30 de setembro de 2023. Consultado o 19 de decembro de 2023.
- ↑ "Pablo Hernández hizo su debut oficial con el CD Tenerife" (en castelán). 1 de outubro de 2023. Consultado o 19 de decembro de 2023.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).