Pablo Graña

piragüista galego
(Redirección desde «Pablo Graña Alonso»)

Pablo Graña Alonso, nado en Cangas o 21 de marzo de 1999, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas.

Infotaula de personaPablo Graña
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1999 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Cangas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
20192019 ICF Canoe Sprint World Championships (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Foi tres veces campión do mundo de piragüismo (2019, 2022 e 2023), nas probas de C2 200 m e C4 500 m, e unha vez campión europeo en C2 200 m.[1]

Traxectoria editar

Comezou a competir en piragüismo por influencia do seu amigo David Barreiro e ingresou coma el no Real Club Náutico Rodeira de Cangas, onde se especializou na modalidade de augas tranquilas.[2] En 2017 participou nos Campionatos do Mundo sub-23 e júnior celebrados en Pitești (Romanía), logrando o ouro no C1 200 metros.[3][4]

O 24 de agosto de 2019 en Szeged, con 20 anos de idade, proclamouse por primeira vez campión mundial absoluto, no segundo Campionato Mundial no que participaba, ao gañar xunto ao madrileño Alberto Pedrero a final do C2 200 metros.[5] Dous anos despois conquistou un ouro no Campionato Europeo de Poznan, coa mesma parella e na mesma distancia.[6]

En 2022 foi subcampión europeo no C1 200 m e sumou un novo ouro mundial, desta vez na proba de C4 500 m, xunto aos tamén galegos Manuel Fontán e Adrián Sieiro e o balear Joan Moreno, equipo co que revalidou o título ao ano seguinte.[7][8] Tamén en 2023 participou nos Xogos Europeos en Cracovia, que no referente ao piragüismo funcionaron como un Campionato Europeo. Conseguiu o ouro na proba de C2 200 m mixto,, na que participou xunto á pontevedresa Antía Jácome, e o bronce no C1 200 m.[9]

Palmarés internacional editar

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
2019   Szeged   Ouro C2 200 m
2022   Dartmouth   Ouro C4 500 m
2023   Duisburgo   Ouro C4 500 m
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2021   Poznan   Ouro C2 200 m
2022   Múnic   Prata C1 200 m
2023   Cracovia   Bronce C1 200 m
Xogos Europeos
Ano Lugar Medalla Competición
2023   Cracovia   Ouro C2 200 m mixto
  Bronce C1 200 m

Notas editar

  1. «Pablo Graña Alonso» en CanoeResults.eu (en inglés).
  2. "Graña, explosividad hacia París". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  3. "Pablo Graña, campión do Mundo". Galicia Confidencial. 30 de xullo de 2017. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  4. "El palista de Cangas do Morrazo Pablo Graña, camperón del mundo de C1-200 metros en el Mundial Sub 23 y júnior" (en castelán). 30 de xullo de 2017. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  5. Penedo, Pablo (23 de agosto de 2019). "El cangués Pablo Graña, campeón del mundo de piragüismo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  6. "Pablo Graña se baña en oro" (en castelán). 7 de xuño de 2021. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  7. "Manuel Fontán y Pablo Graña logran el oro en el Campeonato del Mundo de Sprint" (en castelán). 8 de agosto de 2022. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  8. "El cangués Pablo Graña, campeón del mundo dentro del C4 500" (en castelán). 27 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  9. Dapena, Almu (24 de xuño de 2023). "Antía Jácome y Pablo Graña, campeones de Europa en C-2 200 mixto". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar