Pablo García
Pablo García García, nado en Laro (Silleda) o 26 de xaneiro de 1972, é un sindicalista, labrego e político galego do PSdeG-PSOE.
Pablo García | |
---|---|
Nacemento | 26 de xaneiro de 1972 |
Lugar de nacemento | Laro |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sindicalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Con 15 anos afiliouse ao sindicato agrario Unións Agrarias, vencellado ao PSdeG-PSOE. Diplomouse en Maxisterio e en 2001 fíxose cargo da súa dirección de formación, antes de pasar en 2003 a dirixir o sistema organizativo do conxunto do sindicato. Propietario dunha explotación leiteira, en abril de 2009 foi seleccionado por Pachi Vázquez como novo secretario de organización do PSdeG-PSOE, sen ter anteriormente ocupado cargos orgánicos no partido.
Uns meses despois, en setembro de 2009 substituíu a Xavier Carro Garrote como senador designado pola comunidade autónoma. Logo das Xerais de 2011 revalidou o seu posto. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.