Pablo Egerique
Pablo Egerique Martínez, nado en Valencia de Don Juan o 5 de xuño de 1936[1], é un avogado e político galego de orixe leonesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Pablo Egerique Martínez 5 de xuño de 1936 (88 anos) Valencia de Don Juan, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Liberal Partido Popular |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Teresa Egerique |
Traxectoria
editarNaceu na localidade leonesa de Valencia de Don Juan, onde o seu pai exercía como notario. A súa nai era de Pontedeume. Ata 1958 viviu en seis lugares diferentes: O Carballiño, Yecla, Viveiro, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra[2].
Avogado en Vigo desde, aproximadamente, 1964, foi tamén executivo de Povisa (1975-1982)[3]. Fundador da asociación "Colegio Rosalía de Castro"[4], foi presidente provincial de Pontevedra do Partido Liberal, deputado no Parlamento de Galicia (1985-1996) polo Partido Popular, delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo (1996-2004), presidente do PP de Vigo e presidente do Consello Económico e Social de Galicia (2004-2008).
Vida persoal
editarÉ pai de Teresa (política), Ana (avogada), Pablo (avogado) e José Egerique Mosquera (xestor de banca).
Notas
editar- ↑ "Hoy cumplen años". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago de Compostela). 5-6-2014.
- ↑ María Jesús Fuente; S. Antón (9-11-2009). "«Me dan ganas de escribir mis antimemorias, como Echenique»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 25-9-2018.
- ↑ V.E. (21-10-2012). "La huella de Pablo Egerique en Zona Franca". VigoEmpresa.com (en castelán). Consultado o 25-9-2018.[Ligazón morta]
- ↑ "Pablo Egerique Martínez". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 25-9-2018.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- 35 anos do Parlamento de Galicia. Reseñas biográficas dos deputados e deputadas da Cámara (PDF). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia. 2017. p. 104. ISBN 978-84-7836-120-5. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 30 de outubro de 2020. Consultado o 25 de setembro de 2018.