Pablo Egerique

político galego de orixe leonesa

Pablo Egerique Martínez, nado en Valencia de Don Juan o 5 de xuño de 1936[1], é un avogado e político galego de orixe leonesa.

Infotaula de personaPablo Egerique
Biografía
Nacemento(gl) Pablo Egerique Martínez Editar o valor em Wikidata
5 de xuño de 1936 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Valencia de Don Juan, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal
Partido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosTeresa Egerique Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu na localidade leonesa de Valencia de Don Juan, onde o seu pai exercía como notario. A súa nai era de Pontedeume. Ata 1958 viviu en seis lugares diferentes: O Carballiño, Yecla, Viveiro, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra[2].

Avogado en Vigo desde, aproximadamente, 1964, foi tamén executivo de Povisa (1975-1982)[3]. Fundador da asociación "Colegio Rosalía de Castro"[4], foi presidente provincial de Pontevedra do Partido Liberal, deputado no Parlamento de Galicia (1985-1996) polo Partido Popular, delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo (1996-2004), presidente do PP de Vigo e presidente do Consello Económico e Social de Galicia (2004-2008).

Vida persoal editar

É pai de Teresa (política), Ana (avogada), Pablo (avogado) e José Egerique Mosquera (xestor de banca).

Notas editar

  1. "Hoy cumplen años". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago de Compostela). 5-6-2014. 
  2. María Jesús Fuente; S. Antón (9-11-2009). "«Me dan ganas de escribir mis antimemorias, como Echenique»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 25-9-2018. 
  3. V.E. (21-10-2012). "La huella de Pablo Egerique en Zona Franca". VigoEmpresa.com (en castelán). Consultado o 25-9-2018. [Ligazón morta]
  4. "Pablo Egerique Martínez". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 25-9-2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar