Publicidade no lugar de venda

(Redirección desde «POS display»)

A publicidade no lugar de venda (PLV) abrangue expositores, carteis, displays e outros elementos que sexan portadores dunha mensaxe publicitaria e estean colocados nun punto de venda. Tamén se coñece como «POS display», abreviatura da expresión en lingua inglesa Point of sale display.

PLV con decoración de ovos de Pascua.

Elementos de PLV e a compra por arroutada editar

O seu principal obxectivo é favorecer a venda dos produtos publicitados, chamando a atención do cliente que se atopa dentro do establecemento comercial e, fundamentalmente, apelar a unha decisión «impulsiva» de compra. Un bo exemplo de PLV pode ser os pequenos mobles expositores localizados a carón das caixas dos supermercados, onde se colocan artigos de pequeno tamaño e prezo, para convidar á compra por arroutada. Mentres o cliente agarda na cola para pagar a súa compra, olla cara ó moble, lembra un artigo no derradeiro intre e decide mercalo.

Os elementos de PLV atópanse en todo tipo de establecementos, dende o comercio especializado (perfumaría, reloxaría, boutique, farmacia), até comercio en réxime de libre servizo como supermercados, hipermercados, grandes superficies especializadas (xoguetes, bricolaxe, mobles), grandes almacéns e tendas de conveniencia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar