Partido Comunista de España (reconstituído)

partido político español
(Redirección desde «PCE-r»)

O Partido Comunista de España (reconstituido), tamén coñecido como PCE(r) foi un partido comunista español de ideoloxía marxista-leninista e maoísta. As autoridades xudiciais suspenderon a súa actividade no ano 2003 ao vinculalo cos GRAPO.[1] O seu derradeiro secretario xeral foi Manuel Pérez Martínez, coñecido como camarada Arenas.

Partido Comunista de España (reconstituído)
Dirixentes e organización
LíderManuel Pérez Martínez
Historia
FundaciónXuño de 1975
Disolución2003 (ilegalizado pola Audiencia Nacional)
Posicións políticas
IdeoloxíaMarxismo-leninismo
Maoísmo
Antifascismo
Antirrevisionismo
PublicaciónResistencia e Antorcha

Historia editar

Formouse en 1974, aínda que o seu Congreso Fundacional non se realizou ata o ano seguinte nunha xuntanza clandestina na Serra de Guadarrama, semanas antes da morte do ditador Francisco Franco, ao se disolver a Organización Marxista Leninista de España, nun primeiro momento o obxectivo do partido era a reconstrución do PCE, considerando que a dirección da época realizaba unha política revisionista pero nese ano formou os GRAPO como a súa fronte armada nun principio co obxectivo de procurarlle medios técnicos e económicos ao partido, mais deseguido a loita armada pasou a ocupar un lugar central no partido, actuando boa parte dos militantes tanto no partido como na fronte armada. Durante un tempo conservou como voceiro Bandera Roja, que tamén o fora da OMLE e despois pasou a denominarse Resistencia. En xuño de 1977 celebrou o seu segundo congreso, tamén na clandestinidade, no cal definen os GRAPO como o xermolo dun exército popular. En outubro a policía detén os compoñentes do comité central do PCE(r). Arredor do PCE(r) xiraban outras organizacións como Socorro Rojo, Grupo Pueblo y Cultura e as Juventudes Antifascistas.

As súas bases máis activas atopábanse en Vigo (onde moitos militantes de Organización Obreira confluíron no PCE(r) cara 1972), Cádiz e o barrio madrileño El Pozo del Tío Raimundo, de onde é orixinario Manuel Pérez Martínez.

A nivel internacional mostrou o seu apoio ao Irish National Liberation Army (INLA), despois dunha entrevista publicada en Internet a membros desta organización armada de Irlanda do Norte, operativa ata 2009.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar