Proxecto P-9

(Redirección desde «P-9 Project»)

O Proxecto P-9 (inglés: P-9 Project) foi o nome en código que recibiu o programa de produción de auga pesada do Proxecto Manhattan durante a segunda guerra mundial. A planta Cominco en Trail, Columbia Británica, actualizouse para producir auga pesada, mentres que DuPont construíu tres plantas nos Estados Unidos: en Morgantown Ordnance Works preto de Morgantown, Virxinia Occidental; en Wabash River Ordnance Works preto de Dana e Newport, Indiana; e en Alabama Ordnance Works preto de Childersburg e Sylacauga, Alabama. As plantas estadounidenses operaron dende 1943 ata 1945, mentres que a planta canadense de Trail continuou operando ata 1956. Construíronse tres reactores nucleares que usaban a auga pesada deste proxecto: o Chicago Pile 3 en Argonne, e o ZEEP e o NRX nos Laboratorios Chalk River do Canadá.

Planta de produción de auga pesada en Sylacauga, Alabama

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.