Pío Ramón Ojea
mestre, pedagogo e político galego
Pío Ramón Ojea, nado en Allariz o 29 de agosto de 1869 e finado en Ourense o 25 de agosto de 1943, foi un mestre, pedagogo e político galego.
Pío Ramón Ojea | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de agosto de 1869 |
Lugar de nacemento | Allariz |
Falecemento | 25 de agosto de 1943 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre, pedagogo e político |
Fillos | Xosé Ramón Fernández-Oxea |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo de Eligio Ojea. Foi director do Colexio San José de Calasanz de Ourense (1905). Dirixiu o Boletín del Magisterio. Foi profesor auxiliar da Escola Normal de Mestres de Ourense dende 1911. Impartiu clases de Xeografía e foi secretario da Normal baixo a dirección de Emilio Amor Rolán. Foi concelleiro de Ourense polo Partido Liberal en 1917.[1] Finou en Ourense o 25 de agosto de 1943.[2]
Vida persoal Editar
Casou con Dolores Fernández Antelo e foi pai de Xosé Ramón Fernández-Oxea.