Ove Høegh-Guldberg

político danés

Ove Høegh-Guldberg (1 de setembro de 1731 - 7 de febreiro de 1808), foi un home de estado e teólogo dinamarqués, primeiro ministro de facto (1772-1784).

Infotaula de personaOve Høegh-Guldberg

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1731 Editar o valor em Wikidata
Horsens, Dinamarca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de febreiro de 1808 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Dollerup, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeDinamarca Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , teólogo , historiador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua dinamarquesa Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Høegh_Guldberg-16
Ove Høegh-Guldberg

Seu pai era enterrador en Horsens (Xutlandia), coa axuda dun tío materno, que era pastor, conseguiu estudar teoloxía, tras rematar en 1754 foi profesor na Academia de Sorø. En 1764 entrou ó servizo da raíña Xiana María de Braunschweig-Wolfenbüttel como profesor do seu fillo, o príncipe herdeiro Federico, para o que escribiu obras que lle servisen de libros de texto como Den naturlige religion som en indledning til den åbenbarede (1765). En 1771 publicou Azan, eller den fra Gield udfriede Fyrste, onde describe o seu modelo de Estado ideal, estritamente autoritario e conservador á vez que humanista, o Estado debería estar omnipresente na vida dos cidadáns. Desde 1771 foi tamén secretario do gabinete real, oposto ó goberno do home forte do país, o alemán Johann Friedrich Struensee foi un dos líderes do golpe de estado que o depuxo en 1772, Guldberg converteuse no novo home forte do goberno, aínda que non creou un gabinete ministerial formal ata pouco antes da súa caída e formalmente obstentou desde 1776 o título de primeiro secretario. En 1777 foi ennobrecido como Høegh-Guldberg. O seu goberno caracterizouse pola paz e as boas condicións financeiras. Como estado neutrall, Dinamarca, gozou de importantes beneficios mercantís durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos e avanzouse na dinamarquización do Estado, en 1773 estableceuse o dinamarqués como a lingua do exército substituíndo ó alemán e en 1776 promulgouse a lei de cidadanía, que excluía os estranxeiros dos cargos públicos da monarquía. En 1777 redactou con Ludvig Harboe un libro de salmos para a Igrexa Luterana.

En abril de 1784 o príncipe herdeiro Federico tomou o poder como rexente e forzou o cesamento de Guldberg. Permaneceu como prefecto ata 1802

Bibliografía editar

  • Dansk Biografisk Leksikon, vol. 7, 1981.
  • Politikens Danmarkshistorie, vol. 9, by Sven Cedergreen Bech, 1965.
  • Politikens Danmarkshistorie, vol. 10, by Jens Vibæk, 1964.