Atol Ouvéa

comuna francesa
(Redirección desde «Ouvéa»)
Ouvéa
Vista da illa
As illas Ouvéa, Mouli, Faiava
Datos
Capital Fayaoué
País Francia
Localización Océano Pacífico
Arquipélago Illas da Lealdade
Linguas
Poboación (2009) 3.392 hab.
Superficie 132.1 km²
Densidade
Coordenadas 20°39′22″S 166°32′31″L / -20.65611, -166.54194Coordenadas: 20°39′22″S 166°32′31″L / -20.65611, -166.54194
Maior Altura 42 m.
Localización
Localización da illa

Ouvéa, ou Uvea, é o atol máis occidental do arquipélago das illas da Lealdade, ao nordés de Nova Caledonia.

Praia de Mouli, en Ouvéa

A superficie total é de 133 km², cunha altitude máxima de 39 m. A illa é alargada de norte a sur formada por dúas partes unidas por un estreito istmo de 25 km de longo. Os extremos norte e sur prolónganse cara ao oeste por unha barreira de coral e uns illotes diseminados. A costa oeste da illa é unha longa praia de 25 km.

Na illa conviven dúas comunidades, unha polinesia e a outra canaco, con dúas linguas pero cunha cultura máis próxima á melanesia. Colonizada tanto desde a grande illa de Nova Caledonia (Grande-Terre) como desde Samoa e Tonga, no século XVIII establecéronse inmigrantes polinesios da illa Uvea de Wallis e Futuna. Por iso en ocasións distínguese Uvea Este (Wallis) de Uvea Oeste (Ouvéa), e inclúese a illa nas chamadas illas periféricas polinesias. Esta comunidade fala o uveano occidental, ou faga uvea, moi próximo ao uveano oriental, ou wallisiano. A lingua dos kanaks de Ouvéa é o laai.

A poboación total era de 4.359 habitantes no censo do 2004, aproximadamente a metade polinesios e a metade kanaks. A capital é Fayaoué.