Outro

concepto filosófico

En fenomenoloxía, Outro ou O Outro é un termo para identificar o outro ser humano, a diferenza dun mesmo como o factor constitutivo da autoimaxe dunha persoa. É un recoñecemento dun ser real, diferente e oposto ó Un Mesmo, ó Nós e ó Mesmo.[1][2]. O Outro constitutivo (tamén coñecido como alteridade) constitúe un concepto chave da filosofía continental. É unha idea oposta á identidade e refírese, ou se tenta referir, a aquilo que é «outro» fronte á idea de ser considerado algo. O Outro, considerado sempre como algo diferente, alude a outro individuo máis que a un mesmo e normalmente escríbese en maiúsculas.

O fundador da fenomenoloxía, Edmund Husserl, identificou o Outro como unha das bases conceptuais de intersubxectividade, das relacións entre as persoas.

A idea do Outro editar

A definición do Outro é parte do que explica a un mesmo, ademais doutros fenómenos e unidades culturais. As ciencias sociais empregaron o concepto para comprender o proceso polo cal as sociedades e grupos exclúen a «outros» que non encaixan na súa sociedade ou ocupan un lugar subordinado nela. A noción de «outredade» forma tamén parte integral da comprensión dunha persoa, xa que é o individuo mesmo o que asume un rol en relación con “outros” como parte dun proceso de reacción que non ten por que estar relacionado coa estigmatización ou a condena.

A noción do Outro está moi ligada ás identidades nacionais, porque as prácticas de admisión e segregación poden formar ou manter as fronteiras e o carácter nacional. O Outro axuda a distinguir entre a familia e o afastado, entre o certo e o incerto. A miúdo implica a demonización e deshumanización dun grupo, que tenta xustificar a explotación desoutro inferior alegando razóns civilizatorias.

Notas editar

  1. The Oxford Companion to Philosophy (1995) p. 637.
  2. "The Other", The New Fontana Dictionary of Modern Thought, Third Edition, (1999) p. 620.