Outeiro foi un grupo galego de jazz rock formado en Vigo a finais dos setenta.

Outeiro
OrixeVigo, Galicia
Período?-1980
Xénero(s)jazz rock
Selo(s) discográfico(s)Ruada
MembrosFernando Llorca
Pepe Bordallo
Lorenzo Cuasante
Rubén Péz
Alfonso Correia

Traxectoria editar

A banda comezou como un trío con Pepe Bordallo ó baixo, Fernando Llorca á batería e Rubén Péz á guitarra, para máis adiante incorporar a Lorenzo Cuasante (nun inicio como músico de estudio). Gravaron un disco na liña de Return to Forever ou Colosseum II en Madrid coa discográfica folk Ruada, ó que titularon Ollos de marzal. O disco non chegou a reeditarse en CD polo que só existen os vinilos da edición orixinal, agora convertidos en pezas de colección. A formación tivo unha efémera existencia, pois trala edición do seu primeiro e único disco e actuar nuns cantos concertos esta disolveuse no inverno de 1980.

Membros editar

  • Fernando Llorca (batería, percusión, trompeta)
  • Pepe Bordallo (baixo)
  • Lorenzo Cuasante (teclados)
  • Rubén Péz (guitarra)
  • Alfonso Correia (percusión, frauta)

Discografía editar

  • 1980: Ollos de marzal (Ruada R-107-D)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar