Out of Step
EP de Minor Threat
Data de edición: {{{edición}}}
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación: xaneiro de 1983
Estudio(s) de gravación: Inner Ear Studios, Washington, D.C.
Duración: 21:36
Xénero musical: hardcore punk
Selo discográfico: Dischord Records
Producido por: Minor Threat e Don Zientara
Cronoloxía
In My Eyes Out of Step Minor Threat

Out of Step é o terceiro EP (aínda que outras fontes falan del como un álbum) da banda estadounidense de hardcore punk Minor Threat, editado en abril de 1983 a través do selo Dischord Records. Aínda que Out of Step nunca foi publicado oficialmente en CD, todos os temas do disco están dispoñibles no seu recompilatorio de 1989 Complete Discography.

Mentres que as letras dos seus EPs anteriores eran unha saída para a "mensaxe" de Ian, as de Out of Step falan principalmente da amizade (ou de problemas asociada con ela). A versión orixinal en vinilo do disco é lixeiramente distinta á do recompilatorio Complete Discography; destaca sobre todo a guitarra na ponte e o berro de Ian no final de "Out of Step" que foron quitados no recompilatorio en CD.

O álbum aparece mencionado no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die. Pitchfork Media colocouna no posto 100 dos seus 100 mellores álbums dos anos 80[1].

Listaxe de cancións

editar

Tódolos temas escritos e compostos por Minor Threat

N.º Título Duración
1. "Betray"   3:04
2. "It Follows"   1:50
3. "Think Again"   2:18
4. "Look Back and Laugh"   3:16
5. "Sob Story"   1:50
6. "No Reason"   1:57
7. "Little Friend"   2:18
8. "Out of Step"   1:20
9. "Cashing In" (corte non acreditado na versión orixinal en vinilo) 3:43
21:36

Persoal

editar

Produción

  1. "100 mellores álbums dos 80 según Pitchfork Media". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2009. Consultado o 27 de marzo de 2012.