Out of Africa
Out of Africa é unha película de 1985, baseada no libro autobiográfico Den afrikanske Farm da escritora danesa Isak Dinesen. Adaptada por Kurt Luedtke a partir deste libro e doutras obras de Dinesen, a película foi dirixida por Sydney Pollack e obtivo sete Premios Óscar, incluíndo o de mellor filme, mellor dirección e mellor guión adaptado.
Memorias de África | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Out of Africa |
Director | Sydney Pollack |
Produtor | Sydney Pollack Terence Clegg |
Guión | Kurt Luedtke |
Baseado en | Den afrikanske Farm de Isak Dinesen |
Intérpretes | Meryl Streep Robert Redford Klaus Maria Brandauer Michael Kitchen Malick Bowens Joseph Thiaka Stephen Kinyanjui Michael Gough Suzanna Hamilton Rachel Kempson Graham Crowden Leslie Phillips Mike Bugara Shane Rimmer Job Seda |
Música | John Barry |
Fotografía | David Watkin |
Montaxe | Pembroke Herring Sheldon Kahn Fredric Steinkamp William Steinkamp |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 1985 |
Duración | 150 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama / Romántica |
Orzamento | $28 000 000[1] |
Recadación | $128 499 205[2] |
Narra, apartándose significativamente do texto do libro orixinal, varios episodios da vida de Dinesen en Quenia, durante a época na que esta era unha colonia británica.
ArgumentoEditar
A comezos do século XX, Karen Blixen (nome real da escritora danesa Isak Dinesen), decide casar e irse a vivir co home a unha das colonias británicas de África, concretamente en Quenia, para dirixir unha plantación de café. Este matrimonio de conveniencia pronto se ven abaixo, debido ao carácter do seu marido e á falta de amor. O seu soño vese truncado polas dificultades económicas da plantación, aínda que se sente a gusto co lugar e as súas xentes. Coñece alí a un cazador profesional, Denys Finch Hatton, aventureiro e liberal, que lle fai recobrar a alegría de vivir. Pero a súa visión respectiva do amor difire, debido a que el non concibe a vida sen a súa independencia e ela precisa dun compañeiro fiel. Un incendio destrúe a colleita de café e Karen arruínase, tendo que volver a Europa, e aínda que naquel momento xa estaban separados, Denys ofrécese a axudala. O último día de Karen en Quenia, Denys ten un accidente na súa avioneta e falece, enterrándose logo nas montañas de Ngong.
AnécdotasEditar
A película contén varios erros de continuidade, como froitas que aparecen e desaparecen entre toma e toma dun disparo ou unha mazá que sostén Denys e que se converte en laranxa. O problema coa froita repítese na cena da cea dos namorados ao luar, cando Denys plana unha "interminable" laranxa que se encontra intacta cada vez que recupera o plano. Tamén ocorre exactamente igual cunha mancha de sangue na cara de Karen cando vai disparar a un león, que cambia de meixela co cambio de plano.
Incluso hai algún que outro anacronismo, como o uso de baquetas de nailon na orquestra que ameniza a festa de Noitevella, material que non estaba descuberto nos albores do século XX.
PersonaxesEditar
- Meryl Streep como Karen Christence Dinesen Blixen
- Robert Redford como Denys George Finch Hatton
- Klaus Maria Brandauer como Barón Hans Blixen
- Michael Kitchen como Berkeley Cole
- Malick Bowens como Farah
- Joseph Thiaka como Kamante
- Stephen Kinyanjui como Kinanjui
- Michael Gough como Lord Delamere
- Suzanna Hamilton como Felicity
- Rachel Kempson como Lady Belfield
- Graham Crowden como Lord Belfield
- Leslie Phillips como Sir Joseph
- Mike Bugara como Juma
- Shane Rimmer como Belknap, encargado dea granza
- Job Seda como Kanuthia
Galardóns e nomeamentosEditar
Out of Africa é unha película multipremiada, destacando que foi a máxima gañadora dos Óscar 1985:
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Óscar ó mellor filme | Sydney Pollack | Gañador |
Óscar ó mellor director | Sydney Pollack | Gañador |
Óscar ó mellor guión adaptado | Kurt Luedtke | Gañador |
Óscar á mellor banda sonora | John Barry | Gañador |
Óscar á mellor fotografía | David Watkin | Gañador |
Óscar á mellor dirección de arte | Stephen Grimes Josie MacAvin |
Gañador |
Óscar á mellor edición de son | Chris Jenkins Gary Alexander Larry Stensvold Peter Handford |
Gañador |
Óscar á mellor actriz | Meryl Streep | Nomeada |
Óscar ó mellor actor secundario | Klaus Maria Brandauer | Nomeado |
Óscar ó mellor deseño de vestiario | Milena Canonero | Nomeado |
Óscar á mellor montaxe | Fredric Steinkamp William Steinkamp Pembroke J. Herring Sheldon Kahn |
Nomeado |
BAFTA ó mellor guión adaptado | Kurt Luedtke | Gañador |
BAFTA á mellor fotografía | David Watkin | Gañador |
BAFTA á mellor actriz | Meryl Streep | Gañador |
BAFTA ó mellor actor secundario | Klaus Maria Brandauer | Nomeado |
BAFTA ó mellor vestiario | Milena Canonero | Nomeado |
BAFTA á mellor música | John Barry | Nomeado |
Globo de Ouro á mellor película - Drama | Sydney Pollack | Gañador |
Globo de Ouro ó mellor actor secundario | Klaus Maria Brandauer | Gañador |
Globo de Ouro á mellor banda sonora | John Barry | Gañador |
Globo de Oro á mellor actriz - Drama | Meryl Streep | Nomeado |
Globo de Oro ó mellor director | Sydney Pollack | Nomeado |
Globo de Oro ó mellor guión | Kurt Luedtke | Nomeado |
Premio da Sociedadr británica de Fotografía | David Watkin | Gañador |
David de Donatello á mellor actriz estranxeira | Meryl Streep | Gañador |
David de Donatello á mellor película estranxeira | Sydney Pollack | Gañador |
Premios da crítica de Londres, Os Ánxeles, Nova York, Italia e Alemaña | Sydney Pollack | Gañador |
NotasEditar
- ↑ Harmetz, Aljean (29 de novembro de 1985). "At the Movies". The New York Times. Consultado o 13 de xuño 2011.
- ↑ Box Office Mojo (Out Of Africa)